jueves, 4 de mayo de 2023

TELE- CONTROL


TELE-


Telé-fono, tele-móvil, tele-visor, tele-visión, tele-adicción, tele-control…

1. WHATS?

7h….

Soa.  Son…son…son… 

E alto, moi alto, máis alto, moito máis alto… 

Esperto…Sobresalto!!, Salto!…  A salto, re salto, contra o alto…

Érgome, apuro, esvaro, caio, non chego… 

Temor-Medo-Pánico-Terror…

De Bradicardia a Taquicardia

Preocupación…Obsesión

Tensión… Presión

Articulación- dedos- presión, dor

Presión mental, corporal, dixital, tal, tal,tal…

Doume présa, a présa…depresa… con présa, con moita  presa.

Que me apresa?

Que é?

2. ESQUECEMENTO 

      Loitar contra o esquecemento…

Facer: lista da compra, lista de tarefas, de recados, de amigos, de convidados, de contactos, con tacto,  sempre con tacto, con moito tacto, tacto… Táctil, táctil, táctil…

Anoto: Citas, citas médicas, 

Anoto: Datas de exames, de clases, de viaxes, de festas, aniversarios, cumpreaños, agasallos, 

Anoto que teño que anotar…No móbil, in móbil, des-móbil, des -mobil-izar…  Izar a man dereita  baixo a palma da esquerda e berrar: 

"Tempo morto".... 

3. CONTROL 

Control… descontrol, con control, sen control, para o control, trol, trol, trol…

Olaa!...

Bo día, boa noite!

Que bonita… a foto de onte!

Parabéns!

Grazas!

Como vai a vida?

Como estás?

Onde estás?

Cando nos vemos?

Non contestaches a miña mensaxe…

Hai alguén aí?

Non estaba "operativa"

Estaba "apagada" ou Fóra de  cobertura.

E logo, onde estabas?

Estaba en.... Silencio.

4. APPS

Pero non se confundan…señoras e señores…

Sempre estamos "redis" para ofrecerlles aplicacións, accións, accións

e temos, temos de to, to, to,  de to, de todo: 

Tuenti, Twitter, Facebook, Telegram, Instagram, Messenger, Youtube, Tinder... e  Tik-Tok, Tik-Tok, Tik-tok, Tok, Tok, Tok…

E hai de todo en Amazon, zon, zon, zon, zon, zon...

Mensajes de texto, de vídeo, de audio, de olfato, de gusto, de tacto e de voz, de voz, de voz, de voz, voz,  voz, voz…

E fotos, e fotos, e fotos.

E vídeos, e vídeos, e vídeos.

E post, post, post, post,  post, post…

Que pos?

Pois poño post, postcads, emojis, emoti conos, gifs, cariñas, debuxos, bichiños, cousiñas, de to, de to do..

E música, música, música si… Con música, mellor, mellor, mellor, moito moito mellor …

É a realidade virtual, tual, tual  tual, tal, tal e tal…

E pregunto… queres vir comigo ao "mundo virtual", actual, que xira e xira, mal, mal, mal, moi mal, fatal…

E repito... queres vir-tu-al mundo virtual, virtual, tual, tual…tal, tal, tal e tal…

E agora que o penso:  xa está, xa estou, xa estás, xa estamos, xa estades, xa están…

Conectadas  no  WHATS -APP, APP, APP, APP!!! 

E todo sigue igual, igual, igual…

Normal?


Bego

(3-Maio-2023)














2 comentarios:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Claro de luna

- ¡Me tenéis frito!- grita el director de la orquesta.  El ensayo no fluye, pese a que empezaron a afinar los instrumentos recién estrenada ...