TELE-
Telé-fono, tele-móvil, tele-visor, tele-visión, tele-adicción, tele-control…
1. WHATS?
7h….
Soa. Son…son…son…
E alto, moi alto, máis alto, moito máis alto…
Esperto…Sobresalto!!, Salto!… A salto, re salto, contra o alto…
Érgome, apuro, esvaro, caio, non chego…
Temor-Medo-Pánico-Terror…
De Bradicardia a Taquicardia
Preocupación…Obsesión
Tensión… Presión
Articulación- dedos- presión, dor
Presión mental, corporal, dixital, tal, tal,tal…
Doume présa, a présa…depresa… con présa, con moita presa.
Que me apresa?
Que é?
2. ESQUECEMENTO
Loitar contra o esquecemento…
Facer: lista da compra, lista de tarefas, de recados, de amigos, de convidados, de contactos, con tacto, sempre con tacto, con moito tacto, tacto… Táctil, táctil, táctil…
Anoto: Citas, citas médicas,
Anoto: Datas de exames, de clases, de viaxes, de festas, aniversarios, cumpreaños, agasallos,
Anoto que teño que anotar…No móbil, in móbil, des-móbil, des -mobil-izar… Izar a man dereita baixo a palma da esquerda e berrar:
"Tempo morto"....
3. CONTROL
Control… descontrol, con control, sen control, para o control, trol, trol, trol…
Olaa!...
Bo día, boa noite!
Que bonita… a foto de onte!
Parabéns!
Grazas!
Como vai a vida?
Como estás?
Onde estás?
Cando nos vemos?
Non contestaches a miña mensaxe…
Hai alguén aí?
Non estaba "operativa"
Estaba "apagada" ou Fóra de cobertura.
E logo, onde estabas?
Estaba en.... Silencio.
4. APPS
Pero non se confundan…señoras e señores…
Sempre estamos "redis" para ofrecerlles aplicacións, accións, accións
e temos, temos de to, to, to, de to, de todo:
Tuenti, Twitter, Facebook, Telegram, Instagram, Messenger, Youtube, Tinder... e Tik-Tok, Tik-Tok, Tik-tok, Tok, Tok, Tok…
E hai de todo en Amazon, zon, zon, zon, zon, zon...
Mensajes de texto, de vídeo, de audio, de olfato, de gusto, de tacto e de voz, de voz, de voz, de voz, voz, voz, voz…
E fotos, e fotos, e fotos.
E vídeos, e vídeos, e vídeos.
E post, post, post, post, post, post…
Que pos?
Pois poño post, postcads, emojis, emoti conos, gifs, cariñas, debuxos, bichiños, cousiñas, de to, de to do..
E música, música, música si… Con música, mellor, mellor, mellor, moito moito mellor …
É a realidade virtual, tual, tual tual, tal, tal e tal…
E pregunto… queres vir comigo ao "mundo virtual", actual, que xira e xira, mal, mal, mal, moi mal, fatal…
E repito... queres vir-tu-al mundo virtual, virtual, tual, tual…tal, tal, tal e tal…
E agora que o penso: xa está, xa estou, xa estás, xa estamos, xa estades, xa están…
Conectadas no WHATS -APP, APP, APP, APP!!!
E todo sigue igual, igual, igual…
Normal?
Bego
(3-Maio-2023)
👏
ResponderEliminarQue bo!. É unha pasada a cantidade de recursos da lingoa que tés e manexas
ResponderEliminar